A Xuntanza Internacional de Gaiteiros amplía a súa oferta ao castelo de O Bolo

La Voz

O BOLO

MIGUEL VILLAR

A trinta e dúas edición do certame aposta por máis actividades e por novos escenarios

06 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 10 e 11 • Castelos de Monterrei e O Bolo • Dende as 12.30 (sábado) e 17.00 horas (domingo) • Gratis • A Xuntanza Internacional de Gaiteiros chega este ano con novidades, entre outras e de xeito salientable a ampliación da oferta do certame coa incorporación de O Bolo aos escenarios dos encontros anuais da gaita. Daquela, esta fin de semana haberá dúas citas e outros tantos escenarios: o sábado celebrarase o festival que se desenvolve dende hai dez anos na fortaleza de Monterrei e o domingo a cita será no castelo do Bolo. O día 10, pola mañá, haberá conferencias e encontro internacional de gaiteiros na igrexa da fortaleza de Monterrei. O festival comezará ás 19.00 horas no castelo e está prevista a presenza de gaiteiros de toda Galicia, Occitania (Francia), Cataluña, Armenia, Portugal, Alemania e Irán. Entre os participantes figuran grupos da zona, como as bandas de gaitas de Medeiros e Flariz (Monterrei), a de Verín ou a Coral Cantarela (Riós). Na cita deste ano a homenaxe aos artistas veteranos lembrará o traballo de José Maria Fernandes, Ângelo Arribas e Henrique Fernandes. Haberá exposición de instrumentos populares e discografía no entorno do castelo. No caso do espazo monumental de O Bolo, as actividades comenzarán o domingo as 17.00 horas. A representación do municipio correrá a cargo dos Cantores de Seitura de Lentellais (O Bolo). Como cada ano, a Xuntanza Internacional de Gaiteiros aproveita a cita para divulgar o patrimonio da provincia vencellado ao mundo da gaita. Neste caso son as imaxes do Dúo do santuario de Vilamaior do Val (Verín), que datan de 1626, e o Dúo do santuario das Ermitas (O Bolo), do ano 1700.

 

Ademais de lembrar que a cita conta coa declaración de Interese Turístico e Cultural dende o 2016, Foxo anunciou a próxima publicación de dous cancioneiros, un de Monterrei e outro da zona do Bolo.