Nova sesión de narración oral no «De perto» de O Barco

La Voz

O BARCO DE VALDEORRAS

La Casa Grande de Viloira recibe a Javier Vecino
La Casa Grande de Viloira recibe a Javier Vecino No disponible

Nos xardíns da Casa Grande de Viloira actúa Javier Vecino

09 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Nova cita coa programación do «De perto» de O Barco de Valdeorras e tamén cos dous sinais de identidade destacados desta edición: a narración oral e O Bierzo. Das terras veciñas chega o Teatro Conde Gatón (Javier Vecino) coa súa montaxe «O quinto ingrediente». Tanto o título como o contido non teñen sentido reivindicativo, máis ben simbólico. A proposta é un percorrido pola descrición dunha terra a través das palabras, costumes ou mitos escritas e descritas por poetas, escritores, ou herdadas da tradición oral; unha mestura de ingredientes que conforman un todo. Cunha ampla traxectoria como músico e actor, o ponferradino Javier Vecino representa como ninguén un espíritu inquedo entregado á cultura, con solventes incursións na escrita, a fotografía, a dobraxe e a xestión cultural. «O quinto ingrediente» pode verse hoxe, a partir das 20.30 horas, nos xardíns da Casa Grande de Viloira