Paula Carballeira abre o «De perto» de O Barco de Valdeorras

La Voz

O BARCO DE VALDEORRAS

JOSE PARDO

A actriz e directora estará coa súa montaxe «Mulleres que viven soas» no xardín da Casa Grande de Viloira

25 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A novena edición do proxecto cultural «De perto» arranca esta tarde e faino coa presenza de Paula Carballeira e o seu espectáculo «Mulleres que viven soas». As actividades do programa cultural de O Barco de Valdeorras, que se desenvolverá ata o 17 de xullo, serán nos xardíns da Casa Grande de Viloira, agás cambios derivados das previsións meteorolóxicas adversas. A narración oral e a presenza de propostas chegadas do veciño Bierzo -no 2022 celebrarase o bicentenario da Provincia del Vierzo- terán un protagonismo destacado. Paula Carballeira, actriz e directora teatral, ten participado nos principais certames de narración oral en países de Europa, América do Sur e África. Ademais do seu traballo en Berrobambán ten dirixido e participado en obras de Talía Teatro e o CDG.

Hoxe • 20.30 horas • Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco) •