O Condesa de Fenosa do Barco apoia a Delgado Gurriarán para as Letras Galegas

La Voz

O BARCO DE VALDEORRAS

Cedida

Un mural no colexio súmase á campaña reivindicativa de recoñecemento ao autor de Valdeorras

06 jun 2021 . Actualizado a las 12:48 h.

Como acontece cada ano na fase previa á decisión da Real Academia Galega, os movementos de apoio ás candidaturas dos autores aos que se reivindica para que a RAG lle dedique o Día das Letras Galegas xa comezaron a ter presenza. No caso da provincia de Ourense con dous poetas como referencia para pasar a formar parte da nómina de creadores aos que se lle ten dedicado o 17 de Maio: Florencio Delgado Gurriarán e Antón Tovar. Dende a comarca de Valdeorras hai anos que veñen reivindicando a figura de Delgado Gurriarán como o autor ao que honrar coa festa da cultura galega e neste 2021 a demanda suma novos apoios. Entre eles o da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, que amosou o seu «apoio unánime á candidatura de Florencio Delgado Gurriarán como autor a homenaxear nas Letras Galegas do ano 2022» e que fixo pública a súa demanda coa elaboración dunha valla na que se reivindica a escolla do autor por parte da RAG para as próximas Letras Galegas do próximo ano.