O Barco concentra os actos de De Perto nos xardíns da Casa Grande de Viloira

María Cobas Vázquez
María Cobas O BARCO

O BARCO DE VALDEORRAS

Margarita Pizcueta presentou o cartel do ciclo De Perto
Margarita Pizcueta presentou o cartel do ciclo De Perto Cedida

As actuacións serán do 1 ao 18 de xullo

06 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello do Barco de Valdeorras reanuda a programación cultural, parada desde o inicio do estado de alarma. Será a partir do 1 de xullo, e ata o día 18, cunha nova edición do ciclo De Perto, actuacións «contadas e cantadas» que se veñen celebrando nos últimos anos en diferentes lugares públicos. Desta volta, por mor do coronavirus, todas as actuacións terán lugar nos xardíns da Casa Grande de Viloira, un espazo que estará acotado e no que haberá ata 100 cadeiras (o aforo máximo) que estarán colocadas segundo as normas de seguridade que marcan os protocolos para evitar contaxios e non se poderán mover do sitio. Ademais, os asistentes aos espectáculos deberán levar máscara e haberá xeles na entrada para poder desinfectar as mans. Así o anuncio a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, que defendeu que este ano De Perto é aínda máis especial que habitualmente por ser o pistoletazo de saída á recuperación da programación cultural. Serán sete as actuacións, que incluirán teatro, monólogos, poesía e música. Polo escenario colocado entre as árbores pasarán Xurxo Souto, Quico Cadaval, Carmen Conde e Ángeles Goa, entre outros. «Vai haber moita cultura, moito galego», dixo Pizcueta.

En caso de que a climatoloxía impida a celebración dos actos culturais ao aire libre, está previsto o seu traslado ao teatro Lauro Olmo, espazo que permitirá manter as distancias.