«Hai moitísima vida deportiva, existen un montón de clubes»

María Doallo Freire
maría doallo O BARCO / LA VOZ

O BARCO DE VALDEORRAS

LOLITA VAZQUEZ

O Concello do Barco deu a coñecer este martes o programa que recolle as citas deportivas do 2019 da man de Aurentino Alonso, concelleiro

03 abr 2019 . Actualizado a las 08:18 h.

Este martes vía a luz o tríptico no que se recollen tódalas actividades deportivas pensadas para o ano 2019 no Concello do Barco de Valdeorras. O programa inclúe numerosas citas có deporte planificadas ata finais de decembro. Dende xornadas de atletismo e torneos de voleipraia e de baloncesto, ata exhibicións de zumba, voltas ciclistas ou diferentes carreiras nas que se busca a participación dos veciños do municipio.

Aurentino Alonso, concelleiro de Deporte, Xuventude e Participación Ciudadá de O Barco, foi o encargado de coordinar a realización do documento informativo.

-¿Cál é a finalidade dun programa deste tipo?

-Queremos concentrar de algún xeito toda a actividade deportiva que hai programada na comarca. Facemos de coordinadores aínda que nós solo organizamos a Milla Urbana e o descenso internacional do Sil en setembro máis a Carreira do Turrón que é solidaria e en decembro. A maioría do que se propón no tríptico realízano dende os distintos clubes. Queremos que a xente prevea o que hai na vila cada fin de semana, para que poda organizarse con antelación e acudir ao que lle interese. Ao ter o calendario de forma anual pois é máis fácil programarse.

-¿Hai moitos deportistas no Barco de Valdeorras?

-Moitos. No municipio hai moitísima vida deportiva, algo que se reflicte simplemente no feito de que existen un montón de clubes para unha vila de 14.000 habitantes. Inda por riba hai que ter en conta que dentro do programa que presentamos non están incluídos ningún dos partidos de fútbol que se levan a cabo no Barco. A vida competitiva do fútbol vai ao marxe e ela tamén ocupa gran parte do noso calendario deportivo. É importante ter en conta que ademais de tódalas actividades presentadas no tríptico está o día a día do municipio, con novas iniciativas que vaian xurdindo e outros actos que haberá que ir engadindo ao calendario deportivo dos veciños.