Varios centros da provincia entraron no 2017 na Rede de Bibliotecas

La Voz OURENSE / LA VOZ

O BARCO DE VALDEORRAS

SERGIO RODERA OVALLE

Entre elas figura a biblioteca municipal de O Barco de Valdeorras

18 ene 2018 . Actualizado a las 13:36 h.

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia incorporou durante o pasado exercicio sete centros municipais. Trátase, segundo se sinalou dende a Xunta coincidindo coa xuntanza do Consello de Cooperación Bibliotecaria «de catro bibliotecas e de tres axencias de lectura de Mondariz, O Barco de Valdeorras, de Arzúa, do Pino, de Sanxenxo, da Lama e de Riotorto».

Na xuntanza foi presentada a memoria por parte do presidente do consello, e secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. No encontro abordáronse temas como «o desenvolvemento das propostas do Mapa de bibliotecas de Galicia, a ampliación do catálogo de GaliciaLe, con 128 títulos; e a previsión de novas incorporacións ao sistema integrado de xestión bibliotecaria».

Vencellado ao mapa púxose en marcha un estudo sobre a situación das redes municipais de bibliotecas.

Da rede pública de Galicia forma parte a Biblioteca Municipal de Ribadavia e no futuro próximo figurará tamén a do Concello de Verín, que nestes momentos acomete o proceso para incorporarse a esta rede que presta servizo aos usuarios da provincia e ofrece a posibilidade de acceder aos fondos existentes en calquera las bibliotecas vencelladas á rede galega.