«Vou tocar bandas sonoras mentres se proxectan imaxes»

Sabela Freixeiro abrirá a Semana de Cine do Barco de Valdeorras, que comeza esta tarde no teatro Lauro Olmo


Comeza a 27 semana de cine que organiza o cineclub Groucho Marx en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras. E faino con cine, como non podía ser doutro xeito, pero tamén con fotografía e música. Ás sete será a inauguración, na entrada do teatro Lauro Olmo, da mostra «A cámara tras a cámara». Unha media hora despois, xa no auditorio, terá lugar o concerto de Sabela Freixeiro (O Barco, 1998). Seguirá despois a tarde coa proxección de «Unha historia de tolos», a película sobre o atentado que sufriu o periodista valdeorrés José Antonio Gurriarán, con quen despois haberá un coloquio.

-¿En que consistirá o seu concerto na semana de cine?

-Son sete bandas sonoras de películas. Vou tocar o piano mentres se proxectan imaxes de cada cinta na pantalla.

-¿Cales son?

-«A Noiva Cadáver», «Amelie», «Forrest Gump», «Cinema Paradiso», «O Golpe», «A lista de Schlinder» e a xaponesa «Kikujiro no Natsu».

-¿Por que esas?

-Eran as que tiña preparadas de antes; e tamén algunha máis que preparei especialmente para este concerto.

-¿Toca na casa, iso calma ou dá máis nervios?

-Nervos, porque a xente coñécete e sempre queres dar boa impresión. Pero aínda así eu prefiro tocar aquí que tocar por fóra, porque te sentes máis segura.

-¿Canto tempo leva tocando?

-Levo case 13 anos co piano. E agora estou estudando no Conservatorio Superior de Oviedo. Quero ser profesora de piano nun conservatorio.

-¿E ser concertista?

-Gústame máis que á xente lle guste a música por aportación miña que ir dando concertos, pero tampouco me importaría dar concertos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Vou tocar bandas sonoras mentres se proxectan imaxes»