-Escribe literatura xuvenil e de adultos. E gaña premios con ambas, pero ¿se sente máis cómodo nalgunha delas?
-Quizais síntome máis cómodo na primeira, no ámbito da literatura xuvenil máis que infantil. Pero tampouco me sinto limitado a iso. Sei que hai autores que se dedican en exclusiva á literatura xuvenil, pero no meu caso non, porque me veñen historias á cabeza e cada unha trae o formato no que deben ser escritas e trae tamén o destinatario, o público que pode recibir esa historia.
-Vostede cualificou a literatura en galego como «de resistencia». ¿Segue manténdoo?
-Subscríboo plenamente. É unha literatura de resistencia e completamente desnivelada con respecto á española. Hai unha competencia desleal coa que seguimos loitando.
MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ GAÑADOR DO PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA 2011
«Quizais síntome máis cómodo no ámbito da literatura xuvenil»