Portas abertas en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras

La Voz

MONTERREI

Visitas guiadas, catas e outras actividades ofértanse nas denominacións de orixe

15 jun 2019 . Actualizado a las 21:11 h.

Ata o domingo • Adegas, restaurantes e aloxamentos • Todos os datos en www.xornadasrutasvinosgalicia2019.com • As denominacións de orixe de Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra -na que se inclúen tres adegas ourensás- celebran xornadas de portas abertas. En Monterrei inclúense desde obradoiros gastronómicos, o túnel do viño ou unha xincana infantil para dar a coñecer a historia da viticultura na comarca, ata visitas a adegas coa posibilidade de

apadriñar unha cepa. En Valdeorras haberá tamén visitas a adegas-covas, andainas ou música de jazz en directo

con degustación. Ademais, en ambas as rutas porase en marcha o Bus do Viño, segundo se sinala dende Turismo de Galicia. Na Ribeira Sacra tamén se poderá gozar dunha ampla oferta.