Ourense: Gaiteiros de toda Europa tocarán na xuntanza de Monterrei
Músicos de Galicia, Croacia, Escocia e Alemaña estarán o día 8 na fortaleza
La Voz de Galicia
ourense / la voz
A fortaleza de Monterrei acollerá o sábado, día 8, unha nova edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Na cita deste ano participarán músicos de toda Galicia, Croacia, Escocia e Alemaña. Dentro das actividades complementarias inclúese unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos que se poderá visitar no Hospital do Peregrino situado no castelo.
As actividades da Xuntanza darán comezo ás 12.30 horas, coa apertura da mostra e un encontro para falar de diferentes tipos de gaitas. Ás 19.00 horas comezarán as actuacións no patio do castelo.
También en La Voz
Un exabogado de Podemos denuncia que le despidieron «para tapar sus sobresueldos en negro»
La Voz de Galicia
Ramón Gorriarán
Así afectará al personal y a los usuarios la integración del Oncológico en el CHUAC
La Voz de Galicia
R. Domínguez
El tiempo seco ya tiene fecha de caducidad
La Voz de Galicia
Xavier Fonseca
Comentarios