A Xunta reinicia os traballos de mellora do acceso ao castelo de Monterrei

La Voz OURENSE / LA VOZ

MONTERREI

CEDIDA

Os operarios das empresas Vipeca e Mascareñas xa remataron a cubrición total da antiga calzada do século XVI

15 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os traballos de mellora do acceso ao parador de Monterrei, no alto da fortaleza medieval, reanudáronse onte despois de varios días sen presenza de traballadores na obra.

Os operarios das empresas Vipeca e Mascareñas xa remataron a cubrición total da antiga calzada do século XVI cuxos restos foron cubertos con terra compactada. Está previsto que a totalidade da mellora, cun orzamento superior aos 200.000 euros sexa culminadas nas próximas semanas.

Desde o mes de febreiro o parador de turismo permanece pechado pola dificultade de acceso ao establecemento. Os integrantes da plataforma en defensa do castelo e o grupo político de Veciños de Monterrei lamentaron os prexuízos, que, segundo a súa valoración, está a provocar esta obra, no vello sendeiro cara á fortaleza.