Cristina Francisco optará a renovar o seu cargo como alcaldesa de Melón

O PP confirmou á rexedora municipal como cabeza de lista nas municipais


O Partido Popular confiará a Cristina Francisco Vílchez a responsabilidade de conseguir un novo mandato como alcaldesa de Melón. A candidata do PP foi anunciada onte polo presidente provincial do partido, José Manuel Baltar, e este amosouse convencido de que Cristina Francisco conseguirá dar continuidade a un traballo, o desenvolvido nestes últimos catro anos, que contribuiu a dinamizar o municipio. A alcaldesa salientou dous iniciativas como os proxectos de maior importancia neste mandato: a recuperación do mosteiro de Melón -«todo o equipo de goberno traballou intensamente para conseguir que esta construción do século XIII estea a disposición de veciños e turistas dentro de 17 meses, reconvertido nun hotel singular»- e, o segundo, poñer fin ao minifundismo coa concentración parcelaria das fincas «e a intención de facer o mesmo nos montes, para o que xa entregamos en Medio Rural máis de 400 sinaturas».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Cristina Francisco optará a renovar o seu cargo como alcaldesa de Melón