Cristina Francisco, alcaldesa de Melón: «A maioría dos casos foron referidos a fincas»

MELÓN

MIGUEL VILLAR

27 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A renovación e actualización dos datos e valoracións catastrais tivo escasa incidencia en Melón, o municipio co menor número de expedientes de regularización: 43 en total.

O proceso non suscitou unha problemática especial en canto a reclamacións ou demandas de información, segundo sinala a alcaldesa Cristina Francisco Vílchez. «Si que houbo consultas e veciños que requeriron información do Concello de Melón para contrastar datos e comprobar algunhas cousas, mais non foi unha problemática significativa nin xerou maior actividade que esa, sendo ademais unha iniciativa na que o Concello non tiña que ver ao ser a regularización un proceso responsabilidade de Catastro», di. Maioritariamente as actualizacións corresponden ás novas valoracións de fincas. «Aquí a maior parte dos expedientes corresponderon a fincas que non tributaban e que agora pasarán a pagar pola actualización catastral», sinala Francisco.

Cristina Francisco Alcaldesa de Melón