Ourense acollerá un novo encontro internacional de poesía

La Voz

MASIDE

Santi M. Amil

Escritores de Arxentina, Francia, México, Portugal e Uruguai participarán na iniciativa

04 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 6, 7 e 8 • Diferentes horarios • Colexios e espazos públicos da cidade • A cidade acollerá nesta fin semana una nova edición do Encontro Internacional de Poesía, que organiza o Círculo Poético Ourensán e que conta co apoio do Concello de Ourense e da Deputación. Os escritores que participarán nas actividades serán Maria Cecilia Berreta (Arxentina), Clemence Leonis (Francia), Irma del Ángel e Antonio Luis Oliveira (Portugal) e Annabel Villar e Julio Pavanetti (de Uruguai).

Como en edicións anteriores, o Encontro daralle un especial protagonismo á presenza dos poetas nos colexios -o venres- e tamén haberá un recital poético o día 6 no Xardín Xaponés. O sábado, ás 11.00 horas, un roteiro poético e ás 19.00 horas unha gala do Círculo Poético Ourensán no Simeón. O domingo, 12.30 horas, ofrecerase un espectáculo de teatro, poesía e música en Maside. Ás 18.00 horas procederase á entrega de obsequios aos poetas participantes e clausura do encontro. O programa tamén inclúe a actuación de Emilio Alonso.