«Queremos ofrecer un complemento na cidade á cita culinaria de Xantar»

MASIDE

02 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Nacido en Maside hai 51 anos, este veterano hostaleiro mantén a ilusión permanente por ofertar non só a mellor calidade nos produtos e no servizo aos clientes do seu negocio da rúa Bedoya, senón por sorprendelos con apostas suxerentes, como serán na próxima semana as primeiras xornadas gastronómicas do cabrito.

-¿Como se lle ocorreu?

-Queríamos ofrecer un complemento na cidade á cita culinaria de Xantar, non como unha cuestión de competencia, senón precisamente para sumarnos e potenciar ese evento gastronómico que atrae a centos de persoas á cidade. Pensamos no cabrito porque é unha das especialidades da casa, e precisamente agora está na mellor época.

-¿É a primeira vez que organizan unhas xornadas gastronómicas?

-No caso do cabrito si, pero nós facemos varias actividades similares no ano que xa son clásicas, como as da lamprea que empezaremos tamén dentro de un par de semanas, e tamén a do marisco. Si ésta ten a mesma resposta dos clientes tamén a incorporaremos ao calendario anual.

-¿Xa hai reservas?

-A xente respondeu moi ben. Extraordinariamente, diría. De feito xa temos máis de duascentas reservas e fixemos a compra de case sesenta cabritos. Pero non está pechado, porque a capacidade do restaurante e tamén por suposto a do persoal para atendelo adecuadamente, permite que aínda podamos aceptar máis.