Sesións para espallar a campaña de divulgación da toponimia da RAG en Manzaneda e Ribadavia

La Voz

MANZANEDA

LOLITA VÁZQUEZ

As charlas divulgativas serán os días 6 e 8 

02 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega abre unha nova campaña de divulgación da toponimia. «Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra» e para os próximos días están previstas dúas sesións en Ourense. O día 6 será no CEIP Manzaneda (11.00 horas) e o día 8 en Ribadavia (no centro social a partir das 18.00 horas). As charlas correrán a cargo de Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.