O Concello de Manzaneda solicita unha reestructuración parcelaria

María Doallo Freire
María Doallo O BARCO

MANZANEDA

cedida

O alcalde do municipio reuniuse este martes co director xeral de Desenvolvemento Rural

26 abr 2019 . Actualizado a las 08:18 h.

O alcalde do Concello de Manzaneda, Félix Domínguez, reuniuse este martes co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, para recordarlle a necesidade de pór en marcha a concentración parcelaria de Placín, San Miguel e Requeixo.

O obxectivo da reunión era exporlle o director xeral a iniciativa de reestruturación parcelaria destas aldeas pertencentes ao Concello de Manzaneda, tal e como se leva solicitando dende o 2017. Trátase dunha reestruturación parcelaria de carácter público que conta co respaldo das persoas titulares das parcelas e explotacións existentes.

Nunha zona de 837 hectáreas de superficie atópanse máis de 11.300 parcelas polo que a fragmentación actual da propiedade da terra dificulta o crecemento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o óptimo aproveitamento da superficie. Con este proceso de concentración parcelaria preténdese conseguir unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas desta zona.

«A predisposición parece que é boa por parte de Desenvolvemento Rural e esperamos que aposten por estas zoas nas que todavía queda bastante explotación gandeira, facilitándolles unha reestructuración agraria», explica Domínguez.