Esquiar cen días

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

MANZANEDA

24 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Non sei de onde nos veu esa afición ao esquí; puido ser de toda esa emigración a Francia, Suíza e Alemania, que botando de menos as brancas folerpas, montaron unha estación de inverno. Serra da Estrela en Portugal e Manzaneda son as máis occidentais da Europa Alpina.

Nun reparto de subvencións habituais da Deputación de Ourense, uns 1,5 millónes de euros foron para o desenvolvemento empresarial deste complexo. Chegado este punto confundir innovación con innivación é un folión dunhas vogais. Cando se mudou a partida para poder facer este gasto o argumentario foi o manido interese xeral.

O goberno da Deputación ten un interese xeneral, xeneralísimo de esquiar. O caso é, que nos prometeron cen días de esquí ao ano, e eu veño a reclamar os vosos, esquiadores.

Estamos gobernados por un presidente de club que presenta aos seus candidatos baixo o photocall como se fosen mediocentros, extremos ou extremos dereitos. Non lle queda gran credibilidade ao promover un modelo de negocio polar nun escenario de incertidumbre de cambio climático.

Apostar ao xeado cunha subida das temperaturas medias de 1,5 grados centígrados non fai máis que profundizar na sua incapacidade. Como dixo o gobernante; «había nieve», pasado imperfecto. Tampouco lle queda un grande ascendente moral despois daquel rebozado na fariña; suma e segue neste presente níveo.

Falando de neve, introduzo a Greta Thunberg Ernman, a activista sueca de 16 anos que deu un discurso ante o Cumio do Clima das Nacions Unidas (COP24); discurso, non un meet&greet con Jean Claude Juncker.

Greta anima a dicir a verdade, aínda que sexa incómoda.

Xa cruzamos o punto de incertidumbre, o planeta finito está na última oportunidade. Ratifica que o meu luxo de poder esquiar cen días en Cabeza Grande, non é compatible cunha vida plena do resto da humanidade.

Temos unha grande oportunidade de recuperar a xustiza social nas próximas eleccións; non precisamos de bonecos de neve artificial, precisamos un goberno capaz de poñer a equidade por riba de todo. Como di Miguel Pardo «constrúen unha Galicia inexistente ao servicio do poder».