«Decidimos poñer fondos propios para paliar os recortes»

O Concello de Manzaneda triplica a inversión social tanto da provincia como de Galicia. O 40 % do orzamento anual de 1,5 millóns de euros destínase a ese capítulo. É un dos dous concellos galegos con residencia de anciáns municipal, e tamén asumiu o comedor do centro escolar.

-¿Beneficia o ser pequeno?

-Pode axudar a estar máis en contacto coa realidade de cada persoa, pero principalmente é unha aposta. Nós, cando empezaron as mermas nas subvencións de outras administracións decidimos poñer fondos propios para paliar os recortes e manter eses servizos e con calidade. A cambio logramos outros obxectivos.

-¿Como cáles?

-Crear postos de traballo que axudan a fixar poboación e que non esmoreza o concello, porque o índice de envellecemento é alto. E ademais, creamos traballo de calidade. Os traballadores da residencia teñen, por exemplo, un convenio parello ós da Xunta.

-¿Esa aposta ¿obrigou a deixar de facer outras cousas?

-Ningunha imprescindible. De tódolos xeitos penso que a Xunta debe asumir o mantemento de servizos que son da súa competencia porque hai concellos que, aínda que queiran, non poden destinar máis cartos porque non teñen recursos. Nós se non fora o ingreso pola instalación de Iberdrola tampouco chegaríamos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Decidimos poñer fondos propios para paliar os recortes»