Libros na rúa, música e cultura popular

Así se presenta o 17 de maio: celébrase unha nova edición de Raigame, haberá liberación de libros en Vilanova dos Infantes e concerto en Maceda


Ourense

Hoxe • 10.00 a 21.00 horas • Rúa do Paseo • Ourense • Os libreiros da cidade volven ao seu encontro cos ourensáns e de novo os postos estarán no Paseo -á altura da delegación de Defensa- para que os cidadáns podan coñecer as novidades, acceder ao fondo editorial e coñecer a ampla e variada oferta dos títulos en galego. Como é habitual, os establecementos farán un desconto do 10% na adquisición de cada libro, grazas á colaboración do Concello de Ourense coa organización.

Todo o día • Vilanova dos Infantes • As feiras de gando, que foron un dos motores económicos do rural nos séculos XIX e XX, son o tema ao que se dedica este ano a festa etnográfica Raigame. En Vilanova dos Infantes, onde se recrea esta romaría, haberá unha representación das feiras de gando, con exposición de distintas razas autóctonas galegas. A Coral de Ruada será galardoada co premio Adolfo Enríquez polos seus cen anos de historia.

Todo o día • Vilanova dos Infantes • A biblioteca municipal de Celanova organiza hoxe un «bookcrossing» ou liberación de libros, deixando exemplares en espazos públicos para que os lectores os atopen.

12.00 horas • Maceda • Concerto da banda de música do Barco de Valdeorras na praza das Toldas.

19.00 horas • Auditorio Municipal (Verín) • Na xornada na que se lembra a figura e a obra de Antón Fraguas, o Concello de Verín celebra a xornada cunha gala músico-literaria. No encontro recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. Actuará a banda do Conservatorio de Música de Verín.

19.30 horas • Casino do Carballiño • O Centro de Estudios Chamoso Lamas comeza coas actividades de celebración dos seus 25 anos de historia e faino coa presentación dunha publicación. O libro «Cemiterios esquecidos: o fenómeno tumulario na comarca do Arenteiro», do arqueólogo Jorge Lamas -membro do colectivo- preséntase no salón de actos do Casino.

19.30 horas • Praza Maior • Allariz • Na vila organizaron para a festa das letras un concerto de Magín Blanco. O artista do Barco de Valdeorras ofrecerá o seu espectáculo «Camiños».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Libros na rúa, música e cultura popular