Lobios terá un plan experimental para implicar aos veciños na loita contra os lumes

La Voz

LOBIOS

cedida

A iniciativa desenvolverase en base a un convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta

07 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de Lobios porán en marcha un plan experimental que terá como obxectivo mellorar a implicación veciñal na defensa e prevención dos lumes forestais. A iniciativa acordouse nunha xuntanza de traballo entre o conselleiro de Medio Rural e a alcaldesa de Lobios, José González e María del Carmen Yáñez, na que tamén participou o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto. O obxectivo desta iniciativa pasa por fomentar o papel activo dos cidadaásn «nesta materia mediante a súa colaboración en eidos como a vixilancia, así como a súa aprendizaxe diante deste tipo de situacións, mediante a realización de cursos de formación específicos». Segundo sinalou o conselleiro do Medio Rural, José González, o proxecto terá inicialmente un carácter experimental «para avaliar a súa eficacia e considerar logo a posibilidade de trasladalo a outros municipios galegos».