Unha boa ración de callos como remedio ao calor 

La Voz

LOBIOS

Alberte Paz Garza

#OurenseEnFiestas | Lobios celebra a Festa dos Callos Limiaos o día 19

03 ago 2018 . Actualizado a las 17:03 h.

19 de agosto • Todo o día • Lobios • A vixésimo primeira edición da Festa dos Callos Limiaos terá lugar o vindeiro 19 de agosto en Lobios. Unha xornada na que a gastronomía é a raíña do encontro e máis de mil racións de callos serviranse a todo aquel que se achegue, ao longo deste día, ao municipio da Baixa Limia. Este ano incluíuse unha novidade no menú: unha espetada de porco galego acompañará o prato principal neste saboroso encontro. Unha iniciativa que comezou sendo unha despedida entre os habitantes do concello do período estival e que rematou por converterse nunha cita cultural a que acoden centos de persoas. Ademais, haberá unha feira artesá, unha festa na piscina, xogos tradicionais e a xa popular carretada que forma parte do programa.