A visión dunha mística alemá do século XII nun capitel de Lobios

La Voz

LOBIOS

12 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Na súa nova obra, García estuda o patrimonio artístico de sete igrexas soberinas -Amandi, Anllo, Bolmente, Canaval, Lobios, Pinol e Proendos- que conservan en maior ou menor medida os vestixios das súas orixes románicas.

-¿Hai algún elemento nestas igrexas que lle chamase especialmente a atención?

-Hai moitas cousas notables. Por exemplo, a igrexa de Lobios ten un tetramorfos, isto é, unha representación iconográfica dos catro evanxelistas, que non é moi abundante no románico rural galego. Nun capitel desa mesma igrexa está representada a loita de dous dragóns nunha escena que parece unha ilustración exacta dunha visión que describiu a escritora mística alemá Hildegarda de Bingen no século XII. Se se observan con coidado, nas igrexas do románico rural descúbrense cousas interesantísimas.

-¿Quedan aínda moitas cousas por investigar no patrimonio románico da Ribeira Sacra?

-Na mesma igrexa de Lobios da que falaba hai unha porta románica que aínda non se puido estudar porque está cuberta desde hai moito tempo polas sepulturas do cemiterio parroquial. Noutras igrexas da zona poden haber máis elementos románicos que aínda non foron localizados.