Laza pon en valor os seus petróglifos coa creación da Área Arqueolóxica das Pisadiñas

O proxecto contó coa colaboración da Comunidade de montes de Laza, Cimadevila e Souteliño


ourense / la voz

Logo do traballo realizado pola arqueóloga Nieves Amado Rolán e grazas á implicación da Comunidade de montes de Laza, Cimadevila e Souteliño, o Concello de Laza creou a Área Arqueolóxica das Pisadiñas. A iniciativa foi presentada este luns e para o alcalde, Jesús Blanco Conde, os petróglifos que agora de dan a coñecer «representan, quizais, o máis importante vestixio dos abundantes elementos de arte rupestre con que conta esta comarca».

O rexedor municipal socialista salientou traballo desenvolvido por Amado Rolán, quen «estivo e está a traballar para valorizar todo o acervo cultural e patrimonial: como covas, minas, muíños, pozos, outros petróglifos» e materiais que conforman o patrimonio de Laza.

A área arqueolóxica que agora se pon en marcha, e que conta coa súa sinalización e os paneis informativos correspondentes, é coñecida como a Peneda das Pisadiñas ou Penediña das Pisadiñas. Segundo se sinalou na presentación deste novo espazo patrimonial do municipio de Laza, o conxunto está formado por unha serie de gravados ao aire libre localizados nas sete penedas da zona. A temática dos debuxos é profana aínda que tamén «foron interpretados de maneira que amosasen ou simbolizasen determinadas pasaxes ou episodios da relixión católica».

Dende o Concello de Laza o seu alcalde, Jesús Blanco Conde, salientou na presentación da area das Pisadiñas a implicación e a colaboración da comunidade de montes para poder levar a cabo o proxecto que agora se deu a coñecer. Según Blanco «esta xoia queda ben sinalizada e ilustrada, con dous paneis, para que os visitantes aprecien o seu valor histórico, cultural e turístico».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Laza pon en valor os seus petróglifos coa creación da Área Arqueolóxica das Pisadiñas