Os labores arqueolóxicos confirman a existencia dun milenario poboado fortificado no Castrillón, en Larouco

La Voz OURENSE

LAROUCO

Cedida

Os traballos foron realizados polos técnicos da cooperativa Xeitura

18 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Os últimos traballos arqueolóxicos, practicados por técnicos da cooperativa Xeitura, confirman a existencia dun milenario poboado fortificado no Castrillón, no concello ourensán de Larouco, que emerxe prominente entre os ríos Xares e Bibei, dentro da Rede Natura. Case unha decena de mozos de toda España participaron no primeiro campo de voluntariado que se desenvolveu dende o 3 de xullo. O equipo, coordinado por historiadores, arqueólogos e restauradores, realizou unha sondaxe dun metro e medio de ancho por cinco de longo que permitiu identificar dúas novas cabanas angulares que se suman á descuberta no outono. As analíticas de laboratorio (C-14) practicadas daquela confirmaron o seu uso hai máis de 2.000 anos. «Malia a que o reducido tamaño da sondaxe non permite aínda obter lecturas complexas, non cabe dúbida de que ambas construcións responden ao mesmo horizonte cultural que a cabana do outono. A tipoloxía construtiva é idéntica e a estratigrafía segue a falarnos dun único momento de ocupación no final da Idade do Ferro», sinalou o director da intervención, Martiño Xosé Vázquez.