O conxunto de San Pedro de Rocas acolle un dos cristos de Acisclo Manzano

La Voz

ESGOS

cedida

A peza foi trasladada dende Ourense, xa que estaba ubicada con anterioridade no Auditorio

25 feb 2019 . Actualizado a las 13:51 h.

Con moitas dificultades para ubicar a peza no seu novo emprazamento, a semana pasada procedeuse ao traslado da escultura de Acisclo Manzano que estaba no Auditorio de Ourense ao mosteiro de San Pedro de Rocas. A peza, de gran formato e 800 quilogramos de peso, foi presentada pola Deputación como «O Cristo da Ribeira Sacra» nun acto no que participaron os escultores Acisclo Manzano e Acisclo Novo, o presidente da Deputación, José Manuel Baltar sinalou que Esgos, «como capital desta contorna que vai ser declarada Patrimonio Mundial, une á súa historia á xenialidade de Acisclo Manzano. Ninguén mellor que el podía facer unha obra de arte semellante, que será un destacado elemento máis de atracción turística desta zona».