Esgos nomeará «fillo adoptivo» a Bieito Romero

La Voz OURENSE / LA VOZ

ESGOS

Picasa 2.7

O músico coruñés, con familia orixinaria no municipio, é o líder da formación Luar na Lubre

13 feb 2019 . Actualizado a las 08:18 h.

O Concello de Esgos nomeará ao músico Bieito Romero «fillo adoptivo» do municipio. O recoñecemento ao líder de Luar na Lubre está vencellado co pobo -un dos seus avós é natural do Concello- e dende a institución municipal tamén se quere significar a identificación do artista co territorio ao seu o promotor do proxecto que se materializou no disco Ribeira Sacra, título do último traballo da formación.

 

Para realizar o nomeamento o Concello de Esgos vén de aprobar -xa é definitivo logo de pasada a fase de exposición ao público- o regulamento de honores e distincións do municipio. A normativa que rexerá a concesión deste tipo de distincións -as de fillo predilecto e de fillo adoptivo- xa foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

 

 

Espallar a Ribeira Sacra

Segundo se recolle na argumentación da administración local, a mesma promoverá a distinción por ser «neto da nosa poboación (avó natural de Esgos), sempre levou Esgos no seu corazón. O último disco de Luar na Lubre desenvolveuse no mosteiro de San Pedro de Rocas (século VI) titulado

Ribeira Sacra

, e no cal inclúe o tema

Viva Esgos

, no que fai mención a varias poboacións do concello». Tamén se destaca que co novo traballo a banda liderada por Romero leva máis de corenta concertos por toda a península, ademais de levar o traballo a Arxentina, Uruguai, Chile e outros países de Sudamérica en outono. Esta circunstancia servirá para espallar o legado da Ribeiro Sacra e o nome do municipio en moitos dos lugares nos que se atopan emigrantes orixinarios do pobo. Segundo o Concello, o disco

Ribeira Sacra

supón unha promoción dos lugares do municipio e as súas tradicións.