Como primeira medida pedirase a declaración de BIC para todo o territorio

La Voz

ESGOS

19 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Na cita de San Pedro de Rocas estiveron presentes, entre outros, o diputado responsable de Turismo e Patrimonio da Deputación de Lugo, Juan Carlos Armesto, os delegados da Xunta nas dúas provincias, Rogelio Martínez e Raquel Arias, os directores xerais de Cultura a Patrimonio, Anxo Lorenzo e María del Carmen Martínez Insua, o secretario xeral técnico de Cultura, Jesús Oitavén e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez. Na súa intervención o representante da Deputación de Lugo, Juan Carlos Armesto, lembrou a unidade e a colaboración que se leva dado neste proceso «dende que nos xuntamos aquí mesmo no ano 2013 e precisamente San Pedro de Rocas, que mantén o legado deste territorio dende o ano 573, é a proba de que xa había vida intelixente e espiritual na Ribeira Sacra no século VI», sinalou o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Segundo se anunciou onte dende a Deputación de Ourense, logo de entregada a memoria científica o seguinte paso vai ser solicitar que a Consellería de Cultura inicie o expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o conxunto do territorio que se quere declarar Patrimonio da Humanidade.

Do dron ao viño

O acto institucional no mosteiro de San Pedro de Rocas foi gravado empregando un dron -o traballo correu a cargo da empresa de Lalín que impartiu un curso na Deputación- e serviuse un viño da denominació de orixe: o Peza do Rei de Adega Cachín.