O historiador Xosé Manoel Núñez Seixas será o Arraiano Maior 2022

La Voz OURENSE

ENTRIMO

Xosé Manuel Núñez Seixas
Xosé Manuel Núñez Seixas Álvaro Ballesteros

O catedrático ourensán recibirá un recoñecemento no Concello de Entrimo o próximo sábado, 6 de agosto

26 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O historiador ourensán Xosé Manoel Núñez Seixas será recoñecido como Arraiano Maior do 2022 durante as Xornadas Arraianas que se van celebrar no concello de Entrimo durante a primeira semana de agosto. Neto dunha arraiana de Soutelinho da Raia, o catedrático será nomeado o sábado, día 6, nun acto que arrincará ás 11.15 horas na Casa do Concello. A etnógrafa Mercedes Vázquez entregaralle á aguillada ao ourensán. Nese mesma xornada, ao rematar o recoñecemento a Núñez Seixas, recibirá o diploma de Arraiano Universal, o político galeguista Xosé Velo. Os comités de Memoria Histórica de Celanova e do Val do Lima tamén serán homenaxeados durante esta primeira xornada. Pola noite, na alameda da Terrachán, terá lugar a estrea do espectáculo audiovisual e musical, Os exilios de Xosé Velo e Florencio Delgado Gurriarán, con Moisés Quintas Suárez e Viqui Pérez, ás dez e media. Ao rematar haberá cine ao aire libre coa preestrea do filme, Xosé Velo. O libertador ibérico. Xa o domingo os que queiran participan na sexta edición das xornadas, que organizan o Concello de Entrimo e Arraianos Producións, poderán facelo cun curso de cestería tradicional, que impartirá Chus Labrador. Tamén cun concerto especial de Moisés Quintas e Viqui Pérez titulado Unha viaxe polas frautas da Gallaecia, ou cunha andaina pola Serra do Quinxo. A fin de semana remata cunha proxección sorpresa ás 22.00 horas na alameda.