Nomeamento de Manuela Ribeiro como arraiana maior

La Voz OURENSE

ENTRIMO

Manuela Ribeiro será nomeada Arraiana Maior
Manuela Ribeiro será nomeada Arraiana Maior JOEL GÓMEZ

O acto terá lugar en Entrimo

08 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Dende as 12.00 horas • Manuela Ribeiro, xornalista e escritora portuguesa, coordinadora do Encontro de Escritores de Expressão Ibérica de Póvoa de Varzim recibirá hoxe no Concello de Entrimo o título de arraiana maior, de mans do seu predecesor neste nomeamento, Xurxo Souto. Antes de recibir, ás 12.00 horas, a aguillada arraiana será paseada en burro pola alameda da Terrachán. É o acto central das Xornadas Arraianas de Cine Rural que comezaron o venres a noite coa proxección de tres documentais. Hoxe continúan as xornadas. Ás 20.00 horas, Celso Fernández Sanmartín fará unha narración oral. As 22.30 horas será o espectáculo musical e audiovisual «Carvalho Calero sen fronteiras» e unha sesión de cine ao aire libre para logo clausurar a edición.