Xurxo Souto entregará a Manuela Ribeiro o premio de Arraiana Maior

La Voz

ENTRIMO

CEDIDA

Como é habitual celebrase en Entrimo no marco das Xornadas de Cine Rural

28 jul 2020 . Actualizado a las 17:03 h.

Xa está todo preparado para a celebración o fin de semana do 7 e 8 de agosto das Xornadas Arraianas de Cine Rural de Entrimo que este ano terá como protagonista á promotora cultural portuguesa Manuela Ribeiro, que recibirá o premio de Arraiana Maior de mans do seu predecesor,  Xurxo Souto. O  Concello de Entrimo, Arraianos Producións e Colectivo Arraianos están detrás de esta iniciativa que se celebrará na Alameda da Terrachán. Entrimo.

Os actos comenzan o sábado ás 22.30 horas coa inauguración e media hora máis tarde terá lugar a proxección de cine ao aire libre coa estrea das curtametraxes documentais «Olelas / O Ribeiro. A rota das concertinas», «A malhada do centeio de Pitoês das Junias» e un filme sorpresa.

A mediodía dos sábado será o tradicional paseo en burro pola Alameda da Terrachán  e o acto de nomeamento Arraiano Maior 2020, coa entrega da aguillada arraiana por parte de Xurxo Souto á súa sucesora, Manuela Ribeiro, promotora do projeto Correntes d' Escritas, Encontro de Escritores de Expressão Ibérica, e da revista Correntes d'Escritas.

Tamén recibirá unha distinción especial a Asociación de Amigos do Couto Mixto, na categoría de colectivo. Xa pola tarde, ás 20.30 horas haberá unha sesión de narración oral de Celso Fernández Sanmartín. E ás 22.30 horas se estea o espectáculo musical e audiovisual «Carvalho Calero sen fronteiras», un proxecto artístico de Moisés Quintas e Aser Álvarez para Arraianos Producións.