Sara Seoane, a representante da realidade

A artista expón o seu traballo en Entrimo

.

Sucesos, circunstancias e algo máis é o nome que a artista galega, Sara Seoane, otorgou traballo de vintedúas pezas que se expón no museo municipal Pura Santos de Terrachá, en Entrimo.

A exhibición comezou o 13 de xuño e permanecerá ata o 31 deste mes. As horas de visita sucédense entre as once e a unha da mañá e as seis e as oito da tarde. Quen decida acudir terá a posibilididade de disfrutar dunha colección cargada de sentimentos e expresividade. Combinando diferentes técnicas, temáticas e estilos, todas as pezas móvense ao redor dun mesmo hilo conductivo: a representación da realidade. «Os personaxes que reproduzco soen ser sempre reais, xente que coñezo ou que vin nalgún momento», afirma Sara. Esta pretensión pode verse reflexada nalgunhas das obras expostas, o retrato dunha muller maior é unha das pezas con máis carga afectiva posto que é unha reprodución da súa avoa.

Para Sara, os sentimentos que experimenta o longo do día, as circunstancias e o contexto político e social nos que vive, convírtense nun elemento crucial a hora de crear. «O estado anímico é algo que me inflúe moito cando pinto», confesa.

Aínda que recalca que todas as súas obras son especiais para ela destaca unha por enriba do resto: Diálogo de besugos. Un cadro que realizou en compañía de dúas amigas e artistas galegas durante unha experiencia que recorda con moito agarimo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sara Seoane, a representante da realidade