Quico Cadaval será distinguido como arraiano maior o sábado en Entrimo

Recibirá o recoñecemento o sábado nas xornadas de cine rural

.

ourense / la voz

Actor, director e narrador. E tamén, a partir do sábado, arraiano maior. O colectivo Arraianos recoñécelle así a Quico Cadaval a súa labor a prol da cultura de da identidade da raia. O tamén cómico recibirá a Aguillada Arraiana nun acto que terá lugar o sábado ás doce no marcado da xornada dos II Encontros de Cine Rural que se desenvolven en Entrimo.

O programa para o día 4 comeza ás once da mañá coa presentación do libro Terradentro, de Xosé Benito Reza (na Casa do Concello). Despois do nomeamento de Cadaval, á unha haberá unha mesa redonda sobre a identidade cultural de Entrimo. Xa pola tarde, ás seis serán os segundos encontros arraianos de cinema rural, na porta do parque; mesmo lugar no que ás oito haberá unha contada a cargo de Quico Cadaval. Para pechar, ás once da noite, no campo da feira da Terrachán haberá sesión golfa con cinema ao aire libre, en colaboración co festival Filmes do Homem.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Quico Cadaval será distinguido como arraiano maior o sábado en Entrimo