O Cortegada adía o seu encontro desta semana ao detectar outros tres contaxios

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CORTEGADA

MONICA IRAGO

O motivo do aprazamento, a aparición de tres novas contaxiadas no cadro vilagarcián, que se suman aos casos de Nuria Chorén e de Irene Montenegro

02 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A ledicia pola súa sexta vitoria da temporada, a noite do domingo na cancha malagueña do Unicaja, quedou ensombrecida onte nas filas do Mariscos Antón Cortegada pola necesidade de adiar o encontro de Liga Femenina 2 que este sábado, desde as 20 horas, debía disputar co Magectias Contra la Violencia de Género de Lanzarote no parqué do Pavillón Municipal de Fontecarmoa. O motivo do aprazamento, a aparición de tres novos contaxiados no cadro vilagarcián, que se suman aos casos de Nuria Chorén e de Irene Montenegro, en corentena domiciliaria desde a pasada fin de semana tras dar positivo en covid-19 pouco antes de partir cara a Málaga.

A Chorén e a Montenegro súmanselles agora dúas compañeiras de vestiario e o seu adestrador, Javi Nogueira. Afortunadamente, todos eles presentan en principio síntomas lenes da infección. O problema é que non se poderán reintegrar ao traballo do equipo a lo menos ata o vindeiro luns. Será entón cando, de non haber novos casos polo medio, o Mariscos Antón poida retomar a normalidade e comezar a preparar ao completo o derbi co líder do Grupo A da LF2, o C.B. Arxil, o sábado 12 en Pontevedra.