A lesión de Patricia Vicente queda aparentemente nun susto

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CORTEGADA

Martina Miser

Javier Nogueira confía en poder volver dispoñer da súa base nun par de días

12 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As alarmas saltaban o pasado sábado no banco do Cortegada ao ver a súa mellor xogadora ata o momento na exhibición fronte ao líder invicto, o Baxi Ferrol, mancarse no nocello dereito tras ser pisada nun salto. Patricia Vicente quixo volver a pista para tentar axudar as súas compañeiras a evitar o espertar do leviatán ferrolán, que acabou impoñendo o seu poderío, pero o técnico local, Javier Nogueira, decidíu non tentar a sorte. E polo que se ve, fixo ben.

Así, explicaba onte Nogueira, a lesión de Patricia semella ter quedado nun susto que se debería de pasar cun par de días máis de repouso. Os que, tamén con sorte, lle poidan quedar a María Centeno para volver adestrar co equipo e regresar á Liga tras pederse os duelos cos dous primeiros.