O Cortegada xoga co Arxil o seu último partido de rodaxe

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CORTEGADA

MONICA IRAGO

Esta tarde, desde as sete e media no pavillón do Estadio de la Juventud de Pontevedra

26 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A só unha semana do inicio da Liga Feminina 2 2020/21, o Cortegada disputa esta tarde (19.30 h.) o seu segundo e último partido de rodaxe, como o primeiro, incluído na fase de clasificación da Copa Galicia.

No pavillón do Estadio de La Juventud de Pontevedra, o conxunto vilagarcián mídese á nova versión do Arxil, duelo de dous equipos derrotados a comezos de semana por un Celta que se fixo coa praza para a semifinal do torneo do k.o. a dirimir entre os tres. Así as cousas, o obxectivo hoxe da expedición do Cortegada é consolidar a notable imaxe ofrecida o mércores ante o cadro olívico diante dun Arxil con tres caras novas: Sara Castro, procedente da Liga Universitaria Americana, e Noelia Masía e Bineta Ndoye, do Unicaja,