O Cortegada ficha a eslovaca Teresa Sedlakova

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CORTEGADA

MONICA IRAGO

Trátase dunha á-pívot internacional con varios anos na NCAA2

08 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A pegada da pandemia nas contas do deporte facía dubidar ata hai non moito á directiva da A.D. Cortegada de se se vería na obriga de tirar unicamente de xogadoras españolas para o seu equipo na Liga Feminina 2 2020/21. Tería sido ese un feito sen precedentes desde probablemente hai dúas décadas, cando o desembarco do conxunto vilagarcián na elite do baloncesto feminino español converteu en parte da súa normalidade a presenza de a lo menos un nome estranxeiro no seu vestiario. Finalmente, esta última seguirá a ser a normalidade un ano máis.

Teresa Sedlakova, á-pívot eslovaca de 180 centímetros de estatura e 23 anos, vén de converterse no primeiro reforzo dun Cortegada que por oitava tempada volverá contar con Rubén Domínguez como adestrador.

Procedente do WBBL United Kingdom-Nottingham Wildcats, Sedlakova evolucionara as tres tempadas anteriores nas filas de Florida Tech na NCAA2, a segunda categoría da liga universitaria dos Estados Unidos.

Internacional polo seu país en todas as categorías de formación, no 2019 estreouse tamén na selección absoluta esloca. Desde o Cortegada describen a Sedlakova como «una jugadora muy polivalente, que ofrece un buen juego dentro de la zona, un magnífico movimiento de espaldas, acierto en el tiro exterior y buenas asistencias».