A profesión de biólogo en Galicia


Decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

A organización representativa da profesión de biólogo en Galicia existe desde 1987, en que se constituíu como delegación do colexio nacional. No 2003 créase o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (Cobga). Na actualidade consta duns 1.250 integrantes, un 60 % mulleres. A colexiación é obrigatoria para o seu exercicio, segundo dispoñen os seus estatutos, aprobados en 2008.

Os biólogos na nosa comunidade desenvolven a súa actividade en múltiples ámbitos: no sector ambiental, na sanidade, na produción e calidade, na docencia e servizos, tanto nas administracións públicas como por conta allea ou como empresarios e autónomos.

Un dos principais retos que aborda o Cobga neste momento é o recoñecemento por lei do biólogo sanitario como profesión regulada, onde se especifiquen as súas funcións profesionais, competencias, modalidades de acceso… que representará un gran avance nas garantías de profesionais en exercicio e abrirá definitivamente a carreira profesional nos ámbitos da saúde (xenética, embrioloxía, inmunoloxía, saúde pública…) en igualdade de condicións que o resto de profesións clásicas (médicos, farmacéuticos, veterinarios…).

Máis estudos

Tamén en colaboración co Consejo General de Colegios de Biólogos e da Conferencia de Decanos de Bioloxía, estase tramitando a creación do Máster de Bioloxía Ambiental, coa finalidade de fomentar o acceso de graduados en Bioloxía ao nivel 3 MECES, así como conseguir a habilitación da profesión regulada de biólogo ambiental.

Desde un punto de vista máis palpable e práctico, os biólogos galegos na actualidade estamos comprometidos coa conservación dos nosos ecosistemas mariños, a través do Programa Pleamar, da Fundación Biodiversidad, cun proxecto desenvolvido nas illas de Ons e Cortegada, do parque nacional.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A profesión de biólogo en Galicia