Cortegada e Arxil miden esta noite as súas novas versións

A terceira e derradeira xornada da fase de clasificación da Copa Galicia, esta noite, a partir das nove no Pavillón Municipal de Fontecarmoa


vilagarcía / la voz

A.D. Cortegada e C.B. Arxil volverán atoparse unha tempada máis na Liga Feminina 2. Antes, a modo de preámbulo, os dous equipos vense as caras na terceira e derradeira xornada da fase de clasificación da Copa Galicia, esta noite, a partir das nove no Pavillón Municipal de Fontecarmoa.

Un choque sen nada en xogo a nivel oficial, en tanto os dous veciños perderon cadanseu enfrontamentos nas xornadas previas co Celta Zorka e mais co Baxi Ferrol, que á súa vez pelexan entre si por ser quen lle dispute este sábado o título copeiro ao Ensino de Lugo. Con todo, o encontro de hoxe en Vilagarcía de Arousa resulta altamente interesante para os técnicos do Cortegada, Rubén Domínguez, e do Arxil, Maite Méndez, en tanto poderán seguir probando todo o longo listado de xogadoras de dous proxectos profundamente renovados este verán.

Con Cris Loureiro como única titular da tempada pasada no Cortegada logo da marcha de Salomé, de Sangalli e de Shaw, e da retirada temporal da gran capitana, Sara Gómez, pola súa primeira maternidade. E no Arxil, sumando ao seu habitual cambio de parella de estranxeiras a saída doutras dúas xogadoras que, xunto coas anteriores, concentraban practicamente dous terzos do xogo pontevedrés: a escolta santiaguesa Arantza Mallou, e a aleiro catalana Gala Mestres, esta última con destino á Liga Feminina.

Rubén Domínguez comentaba na véspera do choque que se trata de «un test que hay que aprovechar, para ver a todo el mundo. Tenemos que ir conociendo a nuestras nuevas jugadoras, darles espacios. Mezclándolas un día con unas y otro con otras, para ver quién conjunta mejor con quién para empezar la Liga -dentro de dúas semanas- lo mejor posible».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cortegada e Arxil miden esta noite as súas novas versións