O viño do Ribeiro mantén a súa harmonía coa arte

La Voz

CORTEGADA

Catro adegas participan nesta edición dos encontros solidarios

06 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 8, 15, 22 e 29 de novembro • 20.00 horas • Centro Cultural Marcos Valcárcel • Doazón para AFFOU Este voxes, día 8, comeza a quinta edición do ciclo «Cata a arte», a iniciativa que aposta pola maridaxe entre a cultura e o viño do Ribeiro. Serán catro as catas desta convocatoria e como en casos anteriores terán carácter solidario: solicitarase aos asistentes un donativo para AFFOU, a Asociación de Fibromialxia. O 8 a cata será de viños da Adega Catro Parroquias e actuará o Mago Demi. Nairoa será a adega que protagonice a sesión do 15 e a música será cousa de Diego Nóvoa. O 22 de novembro actuará a Compañía #2 do Teatro Permanente e o viño correrá por conta de Adegas Celme. Alanís e o rock de L’ Appetite Mort pecharán o ciclo o día 29.