Coles Teatro vaise de estrea

La Voz

COLES

Alvaro Vaquero

O grupo afeccionado, que dirixe Matilde Vázquez Iglesias, representará a obra «A illa marela»

17 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • 19.00 horas • Auditorio de Cambeo (Coles) • De balde • Era outubro do 2016 cando comezaron a traballar un grupo de veciños de Coles ao que unía un anceio común: a súa paixón polo teatro. Estrearon a súa primeira montaxe en decembro, nunha sesión para os veciños. Na actualidade Coles Teatro é un grupo de trece persoas, veciños do municipio ou nalgún caso xente de fóra del, e o domingo estrean no Auditorio de Coles, en Cambeo, a súa nova proposta escénica. «A illa marela» é unha montaxe dirixida por Matilde Vázquez Iglesias, sobre o texto orixinal de Paloma Gómez Pedrero, e conta a historia dun grupo de indíxenas de Samoa que viaxan a Europa para coñecer a súa civilización -os europeos queren aproveitar os recursos de ouro dos visitantes-. Participan na obra Álex Currás Rodríguez, Carmen Tovar López, María Rúa Rodríguez, Inés Atanes, Héctor González Pereira, Laura Salgado Tovar, Lucía Dacal Pavón, Alfredo Ellacuriaga García, Lucía Cougil Estévez, Eugenia Viéitez Pérez, Asunción Veloso, Victoria Rodríguez Veloso, Noelia Pereira Grande, Tiago e Maio. Estarán acompañados polos músicos Luis Humberto Cao (acordeón) e Adrián Rodríguez Iglesias (percusión).