A RAG busca topónimos de Chandrexa de Queixa

La Voz OURENSE

CHANDREXA DE QUEIXA

Ganado pastando en Chandrexa de Queixa
Ganado pastando en Chandrexa de Queixa Brais Lorenzo

Os veciños do municipio ourensán coñecerán a orixe e o significado dos nomes das súas parroquias

28 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A campaña Toponomízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, chegará este venres a Chandrexa de Queixa. O coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, ofrecerá unha charla na que explicará o funcionamento de Galicia Nomeada, unha aplicación colaborativa que lle permite á cidadanía participar na recolla de microtopónimos, os nomes de montes, leiras, fontes, camiños ou devesas que corren o risco de se perder.

A sesión terá lugar a partir das 19.30 horas no antigo colexio de Celeiros e nela a veciñanza participante coñecerá tamén a orixe e o significado de nomes de parroquias e lugares deste municipio ourensán. Trátase dun traballo de divulgación que conta coa colaboración, na elaboración das etimoloxías, do académico electo e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza.