O Concello de Cenlle abrió unha aula cemit con 225 metros cadrados e diversas salas

Na aldea modelo de Osmo xa está en marcha un primeiro proxecto de produción de porco celta


A Xunta mobilizou máis de 1,2 millóns de euros no municipio de Cenlle ao abeiro da medida Leader 2014-2020. Así o destacou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, que, acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde, José Manuel Rodríguez acudiu á inauguración do edificio TIC promovido polo Concello, que recibiu unha axuda da Agader de 200.000 euros para un investimento global de 267.589 euros. A Deputación de Ourense tamén sufragou parte das obras, aportando en total 37.000 euros. Dotadas con 15 ordenadores portátiles e un encerado dixital, estas instalacións eríxense como a referencia das novas tecnoloxías no concello de Cenlle. En concreto, este centro de 225 metros cadrados conta cunha sala de consultas, unha aula interactiva, unha aula da natureza para a sensibilización medioambiental e dous almacéns.

A visita a Cenlle tamén serviu para comprobar os avances na aldea modelo de Osmo, a primeira executada en Galicia, onde xa está en marcha un primeiro proxecto de produción de porco celta. No ámbito desta iniciativa de mobilización de terras, a directora xeral apuntou que a Agader promoverá a recuperación dunha edificación tradicional para convertela nun aloxamento turístico, no marco dos proxectos senlleiros que buscan mellorar a calidade e as condicións de vida dos habitantes do rural. Así, investiranse 200.000 euros nos traballos que se acometerán nunha parcela duns 500 metros cadrados, que conta con tres pequenas construcións que suman máis de 230 metros cadrados. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Concello de Cenlle abrió unha aula cemit con 225 metros cadrados e diversas salas