Das revoltas pola autopista e Astano á familia de Cenlle

La Voz

CENLLE

SANDRA ALONSO

Unha antolóxica repasa o traballo da fotógrafa catalana Anna Turbau en Galicia nos anos 70

02 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Colexio Fonseca de Compostela amosa o traballo desenvolvido pola fotógrafa barcelonesa Anna Turbau durante os anos que viviu en Galicia. A mostra, comisariada por Margarita Ledo, fai un percorrido por algunhas das reportaxes e proxectos desenvolvidos daquela por unha fotógrafa nova que se iniciaba na profesión. As revoltas e manifestacións en Compostela, os conflictos polas expropiacións das terras para a Autopista do Atlántico (a AP-9), a reconversión industrial, os poboados xitanos, os entroidos da provincia de Ourense, as reportaxes para medios de comunicación galegos e do resto do Estado, a mirada sobre a realidade do interior de Galicia -coas imaxes icónicas da familia de Cenlle- e outros materiais ocupan toda a zona expositiva de Fonseca.

Colexio Fonseca (Compostela) • Ata o 10 de decembro • Luns a sábado: de 11.00 a 14 e de 17.30 a 20.30 horas •