Escolares dos centros Curros Enríquez de Celanova e A Coruña decoran os comercios da vila con flores e versos do poema «O Maio»
CELANOVA
A actividade formou parte da xornada de convivencia que organiza a Fundación Curros Enríquez con alumnado dos centros galegos que levan o nome do escritor celanovés
15 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Comercios da rúa Emilia Pardo Bazán de Celanova están desde este mércores decorados con motivos florais e versos do poema O maio, de Manuel Curros Enríquez. Un cento de escolares de A Coruña e de Celanova desenvolvesen esta actividade no marco da xornada de convivencia dos CEIP Curros Enríquez da cidade herculina e da vila celanovesa, organizada pola fundación que leva o nome do escritor. En colaboración co Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez organiza periódicamente estes encontros entre escolares dos colexios galegos que levan o nome do autor celanovés. Nesta ocasión reuníronse alumnos de quinto e sexto de primaria do colexio de Celanova e do da Coruña.
Logo dunha merenda na praza Maior e dunha recepción no Concello, comezou a actividade, que consistiu na decoración de escaparates con flores, maios e versos para confeccionar o xardín O maio de Curros, que permanecerá nos negocios do centro da vila ata finais deste mes. A iniciativa contou coa colaboración do comercio local.
Pola tarde, o alumnado visitou a casa familiar de Curros Enríquez, deu un paseo por Vilanova dos Infantes e rematou a xornada no xacemento arqueolóxico de Castromao.