Unha romaría como as de antes

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

Celanova celebrou Raigame e Ribadavia lembrou a Mostra de Abrente

18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Celanova apostou no seu día por celebrar as Letras Galegas dunha forma singular e diferente ao coñecido. E para iso xuntou tres aspectos: sería o 17 de Maio, nun escenario histórico como o do burgo medieval de Vilanova dos Infantes e tería como referencia o poema de Curros que fala da aparición da Virxe do Cristal e da festa celebrada para conmemorar o achádego. Vinte anos despois unha romaría, Raigame, é unha das citas destacadas todos os anos para celebrar a festa da cultura galega. E precisamente ese concepto —o de festa que xunta tradición, cultura e oficios artesanais— serve cada ano para atraer e milleiros de persoas a Vilanova para celebrar as Letras Galegas. Máis dun cento de postos con oficios, produtos artesanais e gastronómicos participaron nunha convocatoria que estaba centrada na homenaxe aos canteiros. E precisamente dez chegados de toda Galicia amosaron o seu traballo e os segredos do seu oficio durante toda a xornada. O galardoado deste 2023 foi o escultor Xosé Cid

 Medio século de Abrente

En Ribadavia lembraron os 50 anos da primeira mostra de teatro de Abrente. José Luis Chao, membro do colectivo, recordou aquela convocatoria do ano 1973 e o realizado pola asociación cultural da capital do Ribeiro. Na praza Maior tamén se levou a cabo a lectura de textos de Francisco Fernández del Riego.