
O traballo de investigación foi premiado co Losada Diéguez do 2022
14 ene 2023 . Actualizado a las 19:06 h.A editorial Belagua publicou no 2021 o traballo de investigación de Roberto Mera Covas titulado «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos». O libro foi recoñecido o pasado ano co premio Losada Diéguez -no apartado de Investigación e Ensaio-. A convocatoria do galardón que promoven os concellos de O Carballiño e Boborás recoñece obras editadas no ano anterior ao fallo do premio. Na Casa dos Poetas de Celanova presentouse este sábado o volume e no acto Roberto Mera estivo acompañado por Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez, e Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta de Galicia.