Última hora:
La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

As bandas titular e xuvenil de Celanova celebraron o día da patroa conxuntamente

La Voz OURENSE

CELANOVA

Concerto da banda de música e da xuvenil de Celanova.
Concerto da banda de música e da xuvenil de Celanova. ALEJANDRO MÍNGUEZ

Vinte negocios da localidade invitaron aos membros do colectivo trala celebración

20 nov 2022 . Actualizado a las 20:46 h.

A Banda de Música Municipal de Celanova e a súa formación xuvenil celebraron este domingo 20 a festividade da patroa dos músicos, santa Icia aínda que o propio día é o 22, de forma conxunta por primeira vez. Os actos comezaron cun breve pasarrúas para despois celebrar unha misa tocada e cantada na igrexa conventual da vila de San Rosendo. Posteriormente tivo lugar o concerto no auditorio municipal baixo a dirección de Miguel Pérez Lorenzo. Cada formación interpretou varias melodías para pechar nunha ovacionada peza conxunta titulada Onde o mundo se chama Celanova de David Rivas Domínguez.

Os 650 socios do colectivo puideron despois gozar dunha invitación en máis de 20 locais de Celanova para celebrar este día, en substitución da comida de confraternidade que se celebraba tradicionalmente anos atrás. O presidente do colectivo musical celanovés, Fernando Manuel Martínez Menchón destacou o «bo momento» que vive a música en Celanova e resaltou a importancia do XV certame galego de bandas de música que terá lugar en Celanova os vindeiros días 3 e 4 de decembro baixo a organización da Federación Galega de bandas de música.