O curso de medios audiovisuais de Celanova ahondará nos procesos creativos

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

Presentación del curso de medios audiovisuais de Celanova del pasado año
Presentación del curso de medios audiovisuais de Celanova del pasado año Cedida

A cita desenvolverase en Celanova do 28 de xuño ó 1 de xullo, baixo a organización da Fundación Carlos Casares e o campus de Ourense

17 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) chega este verán á súa dezaoito edición, cun programa que afondará nos procesos creativos e de produción cinematográfica, a través das experiencias que compartirán co alumnado os equipos de cinco longas galegas e das curtametraxes do catálogo Shorts from Galicia 2022, editado pola Xunta. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades colabora na iniciativa, que se desenvolverá en Celanova do 28 de xuño ó 1 de xullo, baixo a organización da Fundación Carlos Casares e o campus de Ourense. Baixo o título Cinema no bisturí. Deconstruíndo o audiovisual galego actual, as xornadas analizarán as singularidades da ficción a través de exemplos de filmes xa estreados ou en proceso cara á súa próxima chegada ás pantallas. O curso inclúe, por undécimo ano consecutivo, o taller Celanova, plató de ficción, baixo a dirección de Paulino Pérez Feijoo.